Taibo

Tres pianos para redescubrir un compositor esquecido

Abe Rábade, Rosalía Gómez Lasheras e Alejandro Vargas ft. Antía Muiño

Estilo

Post Jazz & Neo-classical

Dossier

Rider

Fotos

Sobre

Taibo

TAIBO é unha produción exclusiva de aCentral Folque, estreada con gran éxito no Teatro Principal de Santiago e no Teatro Colón da Coruña en maio de 2025, que propón unha viaxe musical combinando jazz, música clásica e creación contemporánea, a partir da obra do compositor Luís Taibo (Santiago de Compostela, 1889 - México, 1954), unha das personalidades máis singulares do diálogo cultural entre Galicia e México.

O espectáculo reúne a tres pianistas excepcionais —Abe Rábade, Rosalía Gómez Lasheras e Alejandro Vargas—, con amplo recoñecemento e habituais en escenarios e programacións de prestixio internacionais. A eles súmase a voz única de Antía Muíño, figura destacada da nova canción galega. Os textos das obras vocais parten de versos de Victoriano Taibo, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro, poñendo voz e emoción á memoria dun creador que soubo unir dous mundos.

TAIBO é unha experiencia sonora poderosa e elegante, un encontro entre tradición, emoción e vangarda que reivindica a figura dun compositor imprescindible.

Line Up

Abe Rábade - Piano
Rosalía Gómez Lasheras - Piano
Alejandro Vargas - Piano
Antía Muíño - Voz

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.