Laudatio Funebris

Cinco prantos para un reino

Grupo 1500

Estilo

Música antiga

Dossier

Rider

Fotos

Discografía

Sobre

Laudatio Funebris

LAUDATIO FUNEBRIS. Cinco prantos para un reino é un concerto que afonda nun dos xéneros máis intensos e singulares da lírica medieval: o pranto, composición poética e musical nacida para expresar a dor pola morte e, ao tempo, para construír memoria, identidade e relato colectivo. A través dunha coidada selección de obras dos séculos XII ao XIV, o Grupo 1500 propón unha viaxe sonora polos prantos directamente vinculados ao Reino medieval de Galiza, nun percorrido que combina lírica galego-portuguesa, tradición occitana e repertorio latino.

O programa articúlase arredor de cinco prantos que, desde diferentes linguas e contextos, teñen como pano de fondo Galiza, Compostela e a súa centralidade cultural na Europa medieval. Desde o planh occitano de Cercamon pola morte de Guillerme X de Aquitania, falecido durante a súa peregrinación a Santiago, até o pranto de Johan, xograr, pola morte do rei trobador Don Dinis de Portugal, o concerto percorre máis de dous séculos de historia, música e pensamento sobre a morte, o poder e a perda.

Line Up

María Belén Bermejo – Voz e percusión
Tobie Miller – Voz e frautas
Berta Galo – Fídulas
David Bellas – Gaita medieval e frautas
Andrés Díaz – Cítola, arpa e frautas

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.