A estrela mostrada

Unha viaxe sonora entre o medieval e o contemporáneo

Pablo Sanmamed, Begoña Olavide, Elena Tarrats, Xurxo Varela, Iago Mourinho e Chus Pazos

Estilo

Jazz & Música antiga / World music

Dossier

Rider

Fotos

Discografía

Apple Music

Set an Apple Music URL in the Properties.

Sobre

A estrela mostrada

Logo do éxito de Ben vennas Maio, Pablo Sanmamed regresa con A Estrela Mostrada, un novo proxecto que se editará en maio de 2026 e que volve iluminar o diálogo entre a música antiga e o jazz contemporáneo. Inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións medievais —occitana, arábigo-andalusí—, Sanmamed propón unha obra de sonoridades actuais e profundamente emocionais, onde o pasado resoa como materia viva no presente.

O sexteto liderado por Sanmamed (contrabaixo e composición) integra voces e instrumentos que transcenden fronteiras: a salterista Begoña Olavide, a cantante Elena Tarrats, o violagambista Xurxo Varela, o pianista Iago Mourinho e o percusionista Chus Pazos. Xuntos crean un universo sonoro singular, inmersivo e poético, no que a improvisación e a memoria dialogan coa precisión da palabra e a beleza das melodías antigas.

Esta nova estrela marca un fito na traxectoria de Pablo Sanmamed: unha proposta artística que reinterpreta a nosa tradición desde o presente, abrindo un espazo onde o medieval, o jazz e o emocional conflúen para crear unha experiencia sonora única e luminosa.

Line Up

Pablo Pérez Sanmamed - contrabaixo
Elena Tarrats - voz
Begoña Olavide - salterio e voz
Xurxo Varela - violas baixo, tenor e soprano e voz
Iago Mourinho - piano
Chus Pazos - batería

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.