Un catálogo que cruza tradición e innovación, reunindo artistas de forte identidade e proxección ibérica e internacional.

Con sede en Santiago de Compostela, aCentral Folque nace en 1999 como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, fundada por Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e José Luis do Pico. Co paso do tempo, o proxecto medra e diversifícase, incorporando edición discográfica e editorial, produción de festivais e filmes especializados e creación de espectáculos singulares.

Desde 2009 desenvolve un traballo estruturado de acompañamento e impulso de carreiras musicais. Actualmente, baixo a dirección de Ramon Pinheiro e Mauro Sanín, aCentral Folque céntrase especialmente no jazz e nas músicas de raíz —antiga e contemporánea—, representando unha coidada selección de artistas de referencia no panorama galego.

No seu catálogo figuran nomes destacados do jazz como Abe Rábade, Alejandro Vargas, Xan Campos, Pablo Castaño e Pablo Sanmamed; das músicas de raíz galega, portuguesa e brasileira, Brúa, Catarina Moura e Iván Vilela; da música antiga, proxectos como Grupo 1500 e A Estrela Mostrada; e da creación contemporánea, propostas como Abal & Bellas.

A axencia traballa a nivel galego e internacional, con especial atención á Península Ibérica, ao arco atlántico e a América Latina. Ademais do axenciamento de concertos e xiras, ofrece acompañamento estratéxico nas áreas de edición fonográfica, xestión de dereitos, contratación e desenvolvemento profesional.

Formada por profesionais da música e da xestión cultural, aCentral Folque combina arte e profesionalidade nun modelo baseado na confianza, na proximidade e no compromiso coa música ao vivo. O seu propósito é manter a independencia creativa, garantir a sustentabilidade dos proxectos e impulsar iniciativas culturais e sociais que contribúan ao desenvolvemento da sociedade.

  • aCentral Folque - Ben Vennas Maio
  • aCentral Folque - As Tareixas
  • aCentral Folque - Abal & Bellas
  • aCentral Folque - Brúa
  • aCentral Folque - Do Natal aos Reis
  • aCentral Folque - Zugurunhe
  • aCentral Folque - Taibo
  • aCentral Folque - Ben Vennas Maio
  • aCentral Folque - As Tareixas
  • aCentral Folque - Abal & Bellas
  • aCentral Folque - Brúa
  • aCentral Folque - Do Natal aos Reis
  • aCentral Folque - Zugurunhe
  • aCentral Folque - Taibo

Premios

Ao longo da súa traxectoria, aCentral Folque recibiu numerosas distincións que avalan o seu compromiso co desenvolvemento de proxectos culturais de calidade. Entre elas destacan o Premio da Cultura Galega (2020), o recoñecemento como Boa Práctica de Xestión Cultural en Galicia (2019), o Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade (2018) polo proxecto Juana_Docencia, o premio internacional Cubadisco (2013) por Miniaturas de Eugenio Granell e a Gaita de Prata do Ateneo Ferrolán (2005).

Entre as súas iniciativas editoriais máis destacadas atópase a colección Chave Mestra, galardoada en 2022 co Premio Follas Novas do Libro Galego á mellor iniciativa editorial.

aCentral Folque - Premio Cubadisco 2013
aCentral Folque - Premio Cultura Galega 2020
aCentral Folque - Boa práctica de xestión cultural en Galicia 2019
aCentral Folque - Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade 2018+
aCentral Folque - Premio Cubadisco 2013
aCentral Folque - Premio Cubadisco 2013
© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.