Xan Campos

Amorodios. Jazz que se volve raíz

Faia, Iago Fernández, Virxilio da Silva e Xan Campos

Estilo

Jazz / Raíz Galega

Dossier

Rider

Fotos

Sobre

Xan Campos

Xan Campos é unha das voces máis persoais e recoñecidas do jazz ibérico contemporáneo. Nacido en Cangas en 1987, formouse en conservatorios de Alemaña, Países Baixos e Dinamarca, desenvolvendo unha linguaxe musical que bebe do jazz europeo máis aberto e da exploración constante das formas e os timbres. Con cinco discos como líder e máis de trinta como sideman, participou en festivais de referencia en Europa e América Latina e colaborou con algunhas das figuras máis importantes do jazz internacional. A súa música destaca pola experimentación rítmica, as harmonías expresivas e a mestura de influencias que van da música electrónica ao impresionismo, sempre cunha clara vontade de fuxir do establecido.

Amorodios é o proxecto máis recente de Xan Campos e, ao mesmo tempo, un punto de inflexión na súa traxectoria. Sen abandonar o jazz, a identidade musical que definiu os seus traballos anteriores, este cuarteto abre unha vía nova no seu universo sonoro: por primeira vez, as letras e a voz entran no centro da proposta, grazas á presenza de Faia Díaz, cantante profundamente conectada coa tradición oral galega e que achega co seu canto unha forza nova, unha verdade que transforma a música e a volve raíz. Completan a banda dous músicos fundamentais do jazz galego: o batería Iago Fernández, recoñecido internacionalmente pola súa capacidade expresiva, e o guitarrista e baixista Virxilio Da Silva, que aporta unha gran riqueza tímbrica con ecos do rock. Amorodios é unha catarse e unha síntese, unha música viva, honesta, sen artificios, que conxuga mundos distintos para contar algo novo.

Line Up

Faia – Voz e percusión
Virxilio da Silva – Baixo e guitarra
Iago Fernández – Batería 
Xan Campos – Piano

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.