Abe Rábade & Alejandro Vargas

The Other Side / O Outro Lado

Abe Rábade & Alejandro Vargas

Estilo

Jazz / Alternativa

Dossier

Rider

Fotos

Sobre

Abe Rábade & Alejandro Vargas

Chegar ao outro lado implica esforzo, loita e compromiso. Pero tamén a certeza de que un futuro —máis xusto, máis aberto, máis humano— merece ser imaxinado e construído colectivamente.

The Other Side / O Outro Lado é un concerto de dous pianistas extraordinarios que nace da curiosidade e da esperanza. Da convicción de que segue sendo necesario subir, mirar máis alá e abrir novos camiños. Que o que hai do outro lado —aínda que non sexa inmediato nin doado— é fértil, necesario e bo para todas e todos nós. Abe Rábade e Alejandro Vargas fronte a fronte constrúen un diálogo aberto, feito de escoita, resposta e risco compartido. A música convértese nun espazo de encontro onde non hai xerarquías fixas, senón preguntas en movemento. Nada está completamente escrito: todo pode transformarse.

The Other Side amplía as súas fronteiras máis alá do jazz. O acústico e o electrónico entrelázanse para crear paisaxes sonoras que falan do presente, da tensión e da posibilidade. Este espectáculo é tamén unha toma de posición. Nun contexto marcado polo auxe do autoritarismo, do fascismo e da exclusión, The Other Side / O Outro Lado reivindica o jazz como música de liberdade, de xustiza social e de valores compartidos. Unha música que non promete camiños fáciles, pero que afirma con forza que paga a pena avanzar.

Line Up

Abe Rábade – Piano acústico e teclado electrónico
Alejandro Vargas – Piano acústico e teclado electrónico

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.