Brúa

A musicalidade visceral do Folk Atlántico

Estilo

Folk

Dossier

Rider

Fotos

Discografía

Sobre

Brúa

Brúa é unha banda orixinada na zona vella de Santiago de Compostela e conformada por reputados intérpretes do folk atlántico, valentes que non se deixan intimidar polo contexto e a incerteza, e que poderían facer parte da historia musical do futuro. Os seus integrantes participaron en gravacións e concertos con grandes artistas e bandas folk de primeiro nivel, realizando xiras polo circuíto de salas e festivais europeos coma The Cobblestone e The Crane Lane en Irlanda, o Festival Folkez Blai de Biscaia ou o Festival de Ortigueira entre outros, recibindo sempre boas críticas tanto do público coma dos artistas. No seu primeiro traballo discográfico ofrécennos feroces popurrís instrumentais, así como evocadoras cancións caracterizadas por un estilo directo e honesto que revela unha longa experiencia en foliadas e sessions, o seu coñecemento do repertorio tradicional e o contacto con outras músicas europeas.

Virtuoso quinteto, novo e experimentado a un tempo cunha musicalidade visceral pero precisa, pensada para conseguir esa atmosfera inigualábel dos seus directos. Basta con renderse á intemporalidade de cada nota e deixar que o tempo fuxa.

Line Up

Xabier Agra – Frauta e voz
María G. Blanco – Violín
Manuel Carballada – Bodhrán, percusións miúdas e voz
Roi Sampedro – Guitarra acústica e voz
Xulián Rodríguez – Acordeón cromático

© 2026 aCentral Folque |
© 2026 aCentral Folque |

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.