
Abal & Bellas
By the way...
Iván Abal e David Bellas
Sobre
Abal & Bellas
A través de instrumentos de fonda raíz na música tradicional, gaita e zanfona, Abal&Bellas adquiren unha linguaxe nova que permite explorar diferentes posibilidades tímbricas e sonoras. Este proxecto fai unha aproximación á música contemporánea (Stockhausen, Caldini, Glass, etc.) a través da adaptación de música xa escrita para outras formacións ou instrumentos, incluíndo estreas de composicións feitas ex profeso para esta dupla por autores como Bretal, Bellas, Feles, etc.
By the Way…, un título con puntos suspensivos que fai alusión a un dos éxitos de Red Hot Chili Peppers e que significa ‘por certo’, é unha obra que fai unha alegoría sobre o espazo nun camiñar ou nun contemplar dende as barreiras que o suxeitan. Trasládanos a un mundo que representa a parte interna do ser humano, contemplado dende dentro con respostas cheas de coraxe e furia interior, pero que ao mesmo tempo permite chegar a un equilibro. Esa circulación movéndose nun universo pechado en equilibrio onde sempre hai unha parte que pola súa forza desequilibra á outra, é a que xera o movemento e o funcionamento.
Line Up
Iván Abal – Zanfona
David Bellas – Gaita-de-fole
