
As Tareixas
Presentación do libro-disco Santo Mandil
Omara, Román e José Manuel
Discografía
Sobre
As Tareixas
As Tareixas son un grupo de música familiar que botou a andar en decembro de 2023. Fíxoo tras a operación de cadeira da súa avoa Martina, cuxo relato foi tan intenso que acabou desembocando nunha canción coa que gañaron o segundo premio no concurso “Quero cantar” da Deputación da Coruña, na categoría de mellor canción infantil.
Toda unha sorpresa que fixo que José Manuel, o pai compositor, xunto con Román (clarinete e voz) e Omara (trompeta e voz), se puxesen a completar varios temas que xa tiñan feitos e a armaren outros arredor do mundo familiar musical, facendo especial fincapé nas relacións humanas e na relación coa natureza.
En dous meses xa conseguiran un repertorio de sesenta minutos. Todo cancións orixinais, en galego, e sobre temática infantil, aínda que do gusto de todos os públicos: letras profundas, arranxos coidados e interpretacións cheas de emoción son o selo do grupo. Logo desta inesperada xira de verán, e das constantes manifestacións de entusiasmo por parte do público que os acompañou, no Nadal 24-25 As Tareixas metéronse no estudio a gravar este Santo Mandil, que lanzaron en xullo e estarán presentando todo ao longo do 2025-2026.
Line Up
Omara – Trompeta e voz
Román – Clarinete e voz
José Manuel – Guitarra
